|
Escrito por Marcos Fernández
|
|
lunes, 08 de marzo de 2010 |
|


| Interesante partido entre o Monterroso e o Castroverde, pena que o campo estivese en malas condicións, na que as ocasións se sucederon por parte dos dous equipos e só o terceiro gol decidiu o partido e a oportunidade de non descolgarse na loita polo ascenso. |
Na primeira xogada do partido un pase a Albino que manda de primeiras á banda colle á defensa despistada e Carlos remata por baixo ante a saída precipitada do porteiro local. Pero ó pouco nun centro dende o lado dereito o balón peta na man dun defensa e o árbitro pita penalti, e Guerreiro demostra a súa calidade no lanzamento ó lado esquerdo, enganando ó porteiro. Aínda que os visitantes seguen inquedando a meta local, nun rexeite de Chino ó chocares cun defensa permite que o dianteiro recolla un balón morto na área pequena e só teña que rematar por dentro da portería. Ademáis un choque desafortunado fai que Óscar teña que ser cambiado por Tino cun forte golpe na espalda. Na segunda metade o Castroverde sale dos vestiarios decidido a remontar, e sucédense as ocasions por parte dos dous equipos, ata que no 72' un tiro dende fora da área peta en Manuel (que xogou a segunda parte de central pola lesión de Adrián) e engana a Chino que só pode ver entrar o balón nas mallas daportería. A partir deste momento, o Monterroso é dono do partido e ten algunha oportunidade clara para marcar que non soupo finalizar. Agora toca pensar no Paradela, partido moi importante que hai que gañar para pasalos na clasificación, e que esperamos que os siareiros se animen a vir ve-lo partido o Domingo ás 16.30. Pola nosa banda tentaremos brindarlles a vitoria.
|
|
Modificado el ( lunes, 08 de marzo de 2010 )
|
|
|
Escrito por Administrator
|
|
jueves, 04 de marzo de 2010 |
|

Bo partido na Veiga do Olmo no que o Castroverde plantou cara ó líder destacado da categoría, aínda que o mellor xogo e sobre todo a maior pegada do rival resultaron decisivos para o desenlace do mesmo. Nos primeiros minutos o equipo visitante pasou por enriba do local, bastante descolocado e xogando varios minutos con dez pola lesión do capitán Pereira, que sentiu un pinchazo na perna dereita nunha carreira, e que ten unha rotura fibrilar que o apartará dos terreos de xogo por un tempo. Pero a partir do cuarto de hora de xogo igualáronse as forzas, e os locais melloraron no xogo e tiveron algunha oportunidade de gol. Na segunda metade foi máis do mesmo, pero as forzas do Castroverde diminuíron e o Calasancio fíxose co balón, e nos últimos minutos fixeron o primeiro gol gracias a unha internada pola banda cun pase atrás que remata dentro da portería local. Pouco despois, co equipo local á desesperada, un saque en longo do porteiro que bota dúas veces e chega á área onde o dianteiro marca fácil gracias á mala saída do meta local. O Castroverde parece que recupera a competitividade, a ver se contra o Monterroso mellora os resultados.
|
|
Modificado el ( jueves, 04 de marzo de 2010 )
|
|
|